Inicio
A tradición das receitas caseiras ten en Parrillada O Carballo un dos seus referentes, onde saborosos pratos da cociña galega agochan o valor dos produtos da terra e as mellores carnes do interior.
A restauración da antiga casa de pedra unida ao acondicionamento da zona de cafetería, forrada con madeira, permite manter vivo un espírito enxebre que contaxia aos nosos comensais. Se a isto engadimos poder degustar especialidades da casa elaboradas segundo receitas tradicionais estamos en condicións de asegurar que unha vez probe a comida de O Carballo de seguro que regresará.
"A Casa da Richada"
Acuñada como "A Casa da Richada" en Parrillada O Carballo elaboramos unha das mellores richadas da zona que acompañamos, segundo marca a tradición, con patacas e pementos da horta. Todo elo servido a antiga usanza, nunha cazola de barro que permite intensificar o sabor das carnes galegas.
Horario
De luns a domingo de 10.00 h. da mañá a 1.00 h. da noite.
Servizo de Comedor de 13.00 h. a 16.00 h. e de 20.30 h. a 24.00 h.
Contacte con nós
Poderá realizar as súas reservas ou recibir máis información chamando ao teléfono
Estamos en
O Carballo, nº 6 – Oleiros.
Na estrada PO-401 en dirección Silleda a Laro. Silleda (Pontevedra)



